[ Contestar/Reply | Próximo/Next | Previo/Previous | Arriba/Up ]

Re: verbas foraneas

Author: Santi
Date: 01-03-2002

Article

Meu amigo, pois desto mismo se trata cando falamos do léxico palmeirán. Todas as palabras teñen que vir de algún sitio. Os idiomas evolucionan co uso que a xente lle dá as palabras e da forma que se emplean. O palmeirán ten sin duda moitas destas palabras foráneas que os nosos vellos emigrantes foron traendo pouco a pouco. E asi como Palmeira tamén outros portos e pobos galegos que máis se deron a emigración ou o comercio, facendo contacto con xente de fora e idiomas diferentes. Precisamente palabras como estas tamén eu sei unhas poucas. Por exemplo, “porlán” ou “bichicoma” por decir un par delas, que por certo non serán únicas de Palmeira, pero todos os palmeiráns as usamos. O “porlán” venche de que as aceras se facían de cemento da marca “Portland”, e o “bichicoma” ven da palabra "beach comber" que en inglés denomina non máis nin menos que a un vividor, lacueiro, que vive dos demais sin pegar pendolada. Bueno e así podríame pasar toda a noite, pero non se trata de eso si non de entender que este foro é un medio ideal para recopilar as contribucións de todos os seus participantes, e poder facer un manual máis extenso do léxico palmeirán. Asi que veña, animarse todos e a escribir, falade cos vosos abós e aboas, que vos digan unhas cantas palabriñas, e comenzemos esa recopilación, que vai ter o seu propio apartado dentro da nova páxina de Palmeira que estamos facendo. A ver quen se atreve a decir de donde veñen palabras como “panasco”, “jabuchas”, ou “caraveiros” que sin ir máis lexos que a nosa veciña Pobra xa non se usan, nin saben o que queren decir. E máis, ainda que non sepamos a procedencia das palabras, tan solo a súa recopilación e significado tería o seu mérito para que non se nos esquenzan. Sin máis nada, unha aperta.


Ultima edición/Last changed: 09/01/2004