Asociación Cultural Tirapuxa

 

 

ASOCIACION CULTURAL

TIRAPUXA

 A Asociación Cultural TIRAPUXA escomenzou a súa  andaina un 21 de Abril do 1997. Ademáis de actividades culturais, un dos cometidos desta asociación é a organización das festas do verán en Palmeira. Dende a súa creación, algunhas das actividades xa desenroladas son as seguintes:

 ·      1º Maratón de Fútbol sala.

·      Anualmente a tradicional Festa do San Xoán que se celebra o 23 de Xuño.

·      Varios  desfiles e festivais musicais.

·      Organización de Actos é Festa Gastronómica na inauguración do Monumento ó emigrante 1998.

·      Murga cada ano en carnaval.

·      Organización da Cabalgata dos Reis Magos.

·      Festa do Emigrante 1999.

·      Organización das Festas do Verán.

·      Festa da Empanada, que este ano contará coa 6ª edición, e que se celebra o 25 de Xullo.

   

FESTAS DO VERAN

PALMEIRA-2002

As Festas do Verán vanse celebrar os vindeiros 9,10 é 11 de Agosto.

Por norma xeral, facíanse a última semana de agosto, pero debido o gran número de emigrantes do pobo, que non poden estar aquí nesta data, a Comisión de Festas, decideu adiantalas para que todos, os que durante o ano, se atopan lonxe das súas familias, poidan pasar estas entrañables datas na súa compaña.

Para a organización destas festas, creamos un moi elaborado programa de traballo. Para elo, contamos coa colaboración do pobo de Palmeira,  mediante as súas aportacións económicas que imos recollendo casa por casa.Outra colaboración moi importante, é a publicidade das empresas da zona, que fan posible levemos a cabo un programa que podemos considerar axeitado.O Concello de Riveira e a Deputación de A Coruña tamén son colaboradores habituales en todo-los actos culturais. Pero a colaboración que debemos destacar, é a que nos chega dende os E.E.U.U. de América, da man dos Fillos de Palmeira, asociación a que pertenecen todo-los emigrantes do pobo. Na súa honra decidimos crear a Raíña da Emigración, título que sempre recae nunca rapaza de orixen palmeirán residente naquela terra.

9,10 é 11 de AGOSTO

O venres  9 de agosto escomenzarán as Festas do Verán.

Ó longo do día, despois de que as 21 bombas de palenque nos desperten, haberá inchables e xogos infantís para todo-los rapaces.

Á noitiña un conocido persoaxe da televisión lerá o pregón no Eitón.

A continuación a verbena estará amenizada por duas grandes Orquestras:

GALACTICA  é  SINTONIA DE VIGO.

 

O sábado 10 de Agosto despertaremos ó son das alboradas de gaitas é banda de música.

A mediodía unha festa gastronómica, precederá á Procesión Marítima na honra da Virxe do Carmen,

Ademáis da misa de campaña, presidida po-las autoridades de rigor.

A verbena nesta ocasión, correrá a cargo das orquestras:

CHARADA  é  ISMAEL

 

O domingo 11 de Agosto, despediremo-la festa, pero antes veremos desfilar po-las rúas do pobo ás Raíñas das Festas é as suas damas, en magníficas carrozas, acompañadas dunha banda de gaitas e unha banda de música.

Unha exhibición de baile galego será representada pola tarde e a verbena  estará amenizada pola orquestra:

                         LOS CUNTER´S

Á media noite haberá unha sesíon de fogos de artificio, para rematar a orquestra a altas horas da madrugada.

 

 

Esta programación está sin rematar, polo cal pode sufrir algunha variación. De todo-los xeitos, si así ocurrira informariamos nestas páxinas, así como do incremento de actividades que se vaian contratando.

 

Volver