José Manuel de la Iglesia

 
 

Campeón de España 2002, por segundo ano consecutivo

Actualización 2002, por José Manuel de la Iglesia
 
O pasado 24 de marzo do 2002 celebrouse en Lisboa a Media Maratón de Minusválidos Físicos nos que participamos 22 corredores. O gañador foi o suizo Heinz Frei cun tempo de 45 minutos e 46 segundos.  Polo que respecta á miña actuación, eu quedei no posto número 14 cun tempo de 1 hora e 7 minutos sobre un recorrido bastante llano, con algunha que outra pendiente.

Polo que respecta os campeonatos de España de Atletismo de Minusválidos Físicos e Psíquicos celebrados en Leganés (Madrid) o 23 de junio do 2002, eu participei nas provas de 100 e 800 metros.  Na prova de 100 metros quedei na segunda posición cun tempo de 19 segundos e 64 centésimas, e na prova de 800 metros, disputada cunha temperatura de 45 grados, quedei Campeón de España cun tempo de 2 minutos, 9 segundos, 63 centésimas, revalidando así o título acadado nos campeonatos de España celebrados en Pontevedra no ano 2001.

Mais información pódese atopar nas páxinas da Federación Española de Deportes de Minusválidos Físicos http://www.fedmf.com/ e nas da Federación Galega de Deportes de Minusválidos Físicos http://web.jet.es/fgdmf/ . Eu compito na modalidade T54 de Atletismo en 100 e 800 metros.