XEOGRAFIA


Palmeira, pobo situado ó oeste de Galiza, España. Ten un espallo acaroado de unhas 880 hectáreas e unha población aproximada de 3000 habitantes. Casi sin industria propia, vive principalmente das industrias veciñas e da emigración, anque aínda existen certas actividades locais.

 

Palmeira pertence ao partido xudicial e máis é unha das parroquias do Axuntamento de Riveira na provincia de A Coruña. Comprendida dentro da península do Barbanza meridional, está rodeada por Santa Uxía de Riveira ao suroeste, Artes ao oeste, Oleiros ao noroeste, A Pobra do Caramiñal ao norte e a Ría de Arousa polo leste.

Dícise que existe outro pobo co mesmo nome dentro da provincia de Lugo, no axuntamento de Ribadeo.

 

       Coma outros moitos pobos galegos, o panorama económico, social, e cultural de Palmeira vese influenciado enormemente pola emigración. Un pobo con unha interesante historia da que se sabe moi pouco no exterior como entidade propia, sempre baixo a sombra do seu axuntamento de Riveira. Se cadra, o traballo máis completo sobre Palmeira esté recollido no libro de Xosé Alvarez Castrelo, Síntesis histórica de Palmeira 1600-1850, do que saíron algúns destos datos.
Como homenaxe as súas xentes, esta páxina é dedicada a todos aqueles que nados ou non en Palmeira, levan esta fermosa vila na súa lembranza, ben sea por vivencia propia ou pola dos seus antepasados. Asi como a todos aqueles pobos galegos que de un xeito ou outro sufriron unha sorte semellante.