Cando a principios de século XX os
ingleses levaron o fútbol ó continente, convertíndoo no deporte máis
popular da terra e conquerindo que
a súa linguaxe se tornara universal, os portos de mar foron os
primeiros escenarios daquela novedosa práctica. Palmeira, emigrante e
mariñeira por excelencia, non puido sustraerse á influencia e ó
encanto desa nova actividade. |
|
Coa chegada dese novo deporte, o fútbol
invade as rúas de Palmeira, e os rapaces buscan calquer momento libre
para montar duas porterías ,darlle patadas ó balón e disputar un
partido cos amigos . Nese senso, entendido como mera diversión, os
nosos vellos din que o fútbol evolucionou moi pouco pero esa é parte
da súa grandeza, o feito de gardar fidelidade ós principios que lle
deron vida. Naturalmente, os medios cambiaron moito : os campos son de
herba, os balóns en vez de pelotas de trapo, son tratados químicamente
para que manteñan estable o seu peso, os postes son de aluminio no
sitio de paus de pino ... pero aquel espíritu de diversión mantense aínda
hoxe en día. |
1947 |
1948
1950 |
A pesar de que na década dos trinta
se disputan partidos contra outras parroquias veciñas, Palmeira comenza a ter un equipo de fútbol
representativo do pobo na
década dos corenta. Cando viña un navegante que lle gustaba o fútbol,
traía camisetas coas que os seus compañeiros disputaban os partidos.
En 1.945, o fútbol recibe un impulso máis coa chegada ó
Palmeira de Ignacio González Montes que viña de xogar no R. C. Celta, e que tras
arduas xestións consigue que o Celta veña a disputar un partido en
Palmeira. Ese partido celebrouse o día do Cristo de 1.945 e para tal
ocasión ampliouse o campo da Sociedade ata 60 metros de lonxitude. |
Asi continúan as cousas ata o ano 1.968,
en que se decide federar o equipo. José Manuel Vizcaya foi o primeiro
presidente do club e tras duras negociacións decídese que o Club sexa
unha sección máis dentro da Sociedade Fillos de Palmeira. José
Antonio Otero convertiuse no primeiro adestrador. Non tardaron en chegar os éxitos,
e na tempada 1.970 / 1.971 o equipo queda campeón e logra o ascenso á
Serie A Preferente, competición que disputaría na tempada seguinte e
que ata o momento e a categoría máis alta na que o Palmeira competiu.
A finais desa tempada, que concluiu co descenso do Palmeira, chega o
punto máis alto da nosa historia , xa que en Agosto de 1.972 o Palmeira
queda campeón da Copa do Sar ( naqueles intres, aínda denominada
Trofeo da Caixa De Aforros de Santiago) ó vencer na final o Noia por 2
– 0. No ano seguinte repetiríase final pero daquela o Noia venceu por
2 –1. |
1958
1970
1972 |
1973
1984
|
Outro dos momentos importantes neste breve
percorrido pola historia do noso equipo, acontence na tempada 1.982 /
1.983 , cando o equipo
xuvenil dirixido por Manolo “Sucuruco” queda campeón de liga
( e o último trofeo alcanzado por un equipo de base do Palmeira) e
conquire o ascenso á Liga Galega de Xuvenis que disputaría na
tempada seguinte. |
|
|
|
|
Nestes momentos o Club Palmeira ten 7
equipos federados (senior, xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín
e femenino) . En categoría senior , o equipo está no momento máis
baixo da súa historia ó descender a 3ª rexional, lugar que esperamos
abandone na vindeira tempada , e dende aquí facemos un chamamento para
aunar esforzos e entre todos conquerir cotas máis altas. |
|
Club Palmeira 2001-2002 |
|
Vaian dende aquí os nosos agradecementos a tódalas
persoas que colaboraron na creación desta páxina do Club Palmeira por
adicarnos o seu tempo e, á falta de documentos, convertirse na memoria
á que apelar para conseguir que esta breve síntese histórica do Club
Palmeira saíra á luz. |
|
|
|
|