| |
Autores de Palmeira
|
| |
BIBLIOGRAFíA
X. PASTOR RODRíGUEZ SANTAMARíA: Diccionario de Escritores
Ribeirenses, A Coruña, Deputación Provincial da Coruña, 2001.
|
| |
|
| |
José Rodríguez Saavedra
(O Freixo, 1893 - Palmeira, 1974)
Autodidacta, coñecido polo seu segundo apelido, foi un magnífico
deseñador e constructor de barcos. Chegou a Palmeira en 1916
precisamente para construir barcos no varadoiro de Insuela, e foi sendo ademais autor dunha novela
publicada en 1961 co título Pandilla de eminencias (Vigo, Numen),
da que Novo Salgado destaca que fai referencia á súa estancia en
Huelva e que ten por protagonistas ós hóspedes dunha fonda desa cidade,
case todos de orixe galega.
|
| |
Manuel González Vidal (Palmeira,
1942-1995)
Maquinista naval, ensinou na Escola de Náutica da Coruña, mais logo
fíxose licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, e en 1979 foi
nomeado xerente do Plan de Explotación Pesqueira de Galicia, pois no
terreo da acuicultura está a súa especialidade. Publicou El
conflicto en el sector marisquero de Galicia (Madrid, Akal, 1980) e
colaborou no volume colectivo Galicia. Realidad económica y
conflicto social (A Coruña, 1978). En galego é autor do
volume A cuestión marisqueira, que saíu do prelo en 1978.
|
| |
Domingo Regueira González
(Palmeira, 1945)
Colaborador de La Voz de Galicia con artigos sobre a bisbarra
da Barbanza, é autor de Riveira desde sus orígenes (Ribeira,
Concello, 1986) e do folleto Petroglifos cruciformes, cruceros y
petos de ánimas. Riveira (Ribeira, Concello, 1986), ilustrado polo
autor, que ven sendo unha guía sobre os cruceiros da vila de Ribeira.
|
| |
Pemón Bouzas (Palmeira, 1957)
Fixo estudios de medicina e de socioloxía, aínda que se adicou
fundamentalmente ó xornalismo, dende 1985 xa na TVG, onde dirixiu e
presentou varios programas. En colaboración con Xosé A. Domelo
(Santiago, 1965) é autor do volume Mitos, ritos y leyendas de
Galicia. La magia del legado celta, publicado pola barcelonesa
editorial Martínez Roca en 2000, que ós tres meses acadou xa unha
segunda edición. A obra trata da mitoloxía celta, da romarías e
doutras tradicións galegas populares, sen esquecer o tema xacobeo.
|
| |
Manuel Gago Mariño (Palmeira,
1976)
Vinculado á Pobra do Caramiñal por súa nai, a súa familia paterna
é de Palmeira. Traballa en Santiago como responsable de Medios de
Comunicación do Consello da Cultura Galega. Poeta e narrador, ten
inédito o libro de poemas Episodio. Sendo estudiante de
C.O.U. gañou dous dos premios convocados polo Instituto Calvo Sotelo,
un deles co relato "O muíño" e o outro coa serie de
poesía "Cancioneiro do longo ollar". Colaborou
no volume colectivo El Catón Compostelano. Estudios (Santiago,
Consello da Cultura Galega, 2000). Ademais no xornal La Voz de
Galicia publicou o relato "A caída"
(14-09-2000). Tamén no ano 2000 publicou o volume O novo
xornalismo electrónico (Santiago, Ed. Lea), en colaboración con X.
López García e J. Pereira Fariña.
|
| |
Ricardo Sanlés Martínez (Palmeira,
1916)
Frade mercedario, ocupou, entre outros cargos na súa Orde, o de
Bibliotecario do Mosteiro de Poio. Autor dunha abundante obra erudita,
publicou, entre outras, as obras Manual de los Capítulos
Provinciales (Madrid, 1966), In memoriam (Madrid, 1970), Trayectoria
misionera de la Merced en la conquista de América (Madrid, 1971), Nuevos
documentos para la vida de Vicente Espiner (Madrid, 1973) e Aviamento
y catálogo de misioneros a Indias y Filipinas en el siglo XVI
(Madrid, 1979).
|
| |
Manuel Teira Luaces (Palmeira,
1954)
Criouse na Pobra do Caramiñal dende a súa infancia. Publicou
poesías na revista Dorna e colaboracións xornalísticas en La
Voz de Galicia como as tituladas "Antonio Paz Míguez, un
literato pobrense que vive lonxe da súa terra e esquecido"
(05-06-1988) e "Antón Avilés, unha emoción"
(14-04-1993). Na carpeta Xentes do Barbanza, publicada pola
Mesa da Normalización Lingüística en 1988, publicou dous poemas sen
título. Outro artigo da súa autoría é: "Exercicio de
imaxinación" (La Voz de Galicia, "Barbanza"'
26-01-1999), comentario do libro de relatos de Anxo Rei A sombra dos
teus soños. No ano 2000 a A.C. A Miserela editoulle o volume
de poemas Detido nos confíns, caracterizado sobre todo pola
presencia da poesía amatoria.
|
| |
Vicente García Millán (Palmeira,
1843)
Médico Director do Balneario da Toxa en 1877, publicou artigos da
súa especialidade coma o titulado "Sobre la acción
antihelmíntica de las aguas de Loujo"' que apareceu no Anuario
Oficial Estadístico de la Aguas Minerales de España, publicado en
Madrid pola tipografía de Fortanet en 1887. O nacer foi anotado
como Vicente Millán, fillo de solteira, pero seu pai, Pedro García,
recoñeceuno o 30 de outubro de 1851.
|
| |
Antonio Martínez (Palmeira)
Foi Rector de San Pedro de Palmeira e colexial de Fonseca, onde
entrou o 24 de marzo de 1608. Non nos consta ningún escrito seu, mais
debeu facelos para optar ós graos académicos.
|
| |
Lidia Martínez Fernández (Palmeira,
1972)
Diplomada en Maxisterio e Licenciada en Pedagoxía, é coautora do
traballo "La educación de adultos en los programas de
rehabilitación psiquiátrica para enfermos mentales", escrito
en colaboración con Palmira Rodríguez Domínguez e publicado na
revista Innovación Educativa (nº 10, 2000).
|
| |
Pedro de Palmeira
Poeta medieval de quen conta o conde de Barçelos, don Pedro de
Portugal, que morreu de amor por unha filla de Pelaio Curvo, casado
cunha sobriña de Gelmírez. López Ferreiro supón que este Pedro de
Palmeira puidese ser o Pero Rodríguez de Palmeira do que non
conservaron composicións os cancioneiros medievais, cousa que non lle
parece probable a António Resende de Oliveira. Se ests
identificación fose real, Pedro de Palmeira sería portugués e non
natural da nosa bisbarra. O seu nome completo sería, para Resende, Pero
Rodrigues de Palmeira, que viviría a fins do século XII.
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
BIBLIOGRAFíA
X. PASTOR RODRíGUEZ SANTAMARíA: Diccionario de Escritores
Ribeirenses, A Coruña, Deputación Provincial da Coruña, 2001. |
| |
|
| |
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
José
Antonio Pérez Fernández (Palmeira, 1966)
Licenciado
en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia Contemporánea,
pola Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 1989. Como
estudiante desta Universidade formou parte do equipo fundador do
Proxecto HISTORGA (Historia Oral de Galicia), dirixido polos profesores
Isaura Varela e Marc Wouters, iniciativa pioneira en Galicia na aplicación
da historia oral ós estudios dos acontecementos contemporáneos e que
deu lugar ó nacemento do arquivo do mesmo nome que actualmente se pode
consultar na universidade compostelana. Froito das investigacións
realizadas para este proxecto é o seu capítulo sobre a guerra civil e
a represión nos concellos de Ribeira e Pobra do Caramiñal, publicado
no libro 1936. Os primeiros días de Marc Wouters editor (Edicións
Xerais, 1993).
Sendo
estudiante de bacharelato no Instituto Mixto de Ribeira foi membro
fundador da revista “Diario Ceibe”. Anos máis tarde, en 1989,
colaborou tamén na fundación da Asociación Cultural-Xuvenil “Col de
Betas” de Palmeira, na que desempeñou o cargo de secretario.
Dende
1996 é profesor de ensino medio. Como tal participou no seminario
permanente de vídeo do IES Francisco Asorey de Cambados, co que gañou
o 2º premio no Certame de vídeo escolar do Ateneo de Pontevedra de
1997 polo vídeo titulado “O Mundo eléctrico” e o 2º premio do
Certame do Centro de Recursos de Lugo polo vídeo “Unha curta historia”
en 1998. Tamén impartiu varios cursos de Formación do Profesorado
entre os anos 1997 e 1999, sobre o uso do vídeo como material didáctico
para a clase Ciencias Sociais e sobre as técnicas de adestramento no
baloncesto.
Á
marxe do seu labor intelectual e profesional, foi membro do Consello
Comarcal de Esquerda Unida do Barbanza a mediados dos anos 90.
Na
actualidade é profesor no IES Leliadoura de Ribeira.
|
|
|
|
José
Alvarez Castrelo (Palmeira, 1958)
Licenciado
en Xeografía e Historia, especialidade de Historia Moderna.
Profesor de Ensino Secundario.
Libros:
-
Síntesis Histórica de Palmeira 1600-1850. Santiago. 1985.
Artículos
Revistas:
-
IMO: Palmeira no 1929
-
A CARAMECHA: Palmeira estala
-
ZONA MARITIMA DO CANTABRICO. BOLETIN No. 4. Os Chaquetas Verdes de Sir
John Moore.
-
APUNTES PARA COÑECELO CONCELLO: Os Castelos de Ribeira.
-
FAISCAS. No. 7: O comercio do polbo no interior de Galicia
Artículos
Periódicos:
Diversas
aportacións na Voz de Galicia salteadas no tempo desde 1981 a 1996,
destacando as series de 1993 e 1994:
-
Riqueza interna da Igrexa de Palmeira.
-
Patente de Corso en Palmeira.
-
Testamento e mentalidade ante a morte ata o século XIX
-
A lenda dos Goyanes
-
A destrucción do Castelo de Palmeira en 1467.
No
Correo Gallego:
-
O apodo de magorrentos.
TRABALLOS
INEDITOS: O clero Compostela a mediados do XVIII. 1982.
|
|
|
|
|
|
|
|
|