O PUENTE

        

 

 

 

 

Tiña de pedra todo o peitoril,  en el podíase sentar un tranquilamente,  pois casi non había automóveis,  e,  como a carretera era mala,  os poucos que pasaban por elaiban a modiño e non existía perigo.  Enfrente tiña un muro caleado de branco,  no que os mozos de Palmeira inventaron o grafiti,  aló polos anos trinta,  antes de que os ianquis reclamaran para si a paternidade da súa invención.

 

         Chamábase e síguese chamando o puente,  non sei bén por qué. 

         É posible que fora unha fantasmada do enxeñeiro que proiectou a estrada,  ou pode que o seu nome teña afundidas as raices na historia. O que si foi sempre un sitio concurrido, pois alí tiñan a súa parada os autobuses de liña, que tanto traían á vila os xornáis, como o correio ou os emigrantes que viñan de vez en cando á casa,  e que se coñecían polos grandes e vistosos baúles que cargaba o coche no alto da baca.  Había tamén un salón de baile,  anos despois convertido en escola,  e tamén estaba cerca o correio.

 

         Nos anos da guerra civil, os mozos novos, en tanto non os chamaban para a mili, facíamos alí as nosas troulas,  coa desesperación,  ou,  mellor dito,  cabreo de D.  Teodoro,  o capelán.  Eran unhas troulas malpocadiñas,  pois o forno non estaba para bolos,  e arromataban cando as mozas se arremuiñaban cara a ventá, donde o Sr. Candido iba nomeando as que tiñan carta,  ben fose dun familiar o doutro que se chamaba un “afillado de guerra”.

 

         No muro que había na parte de abaixo,  sentábanse a coller folgos os que subía do Eitón e ainda tiñan que seguir Miñoteiro arriba.  Tamén nos domingos e festas,  depóis da misa mayor,  os mozos facían unha paradiña,  para botarlle de esquello unha ollada ás mozas que baixaban do Adro,  e foi anos despóis,  sitio de encontro dos xubilados da vecindade,  para falar dos seus tempos mozos.

 

         Agora, no lugar de pedras,para que ninguén se sente,puséronlle canos de ferro, cousa non necesaria, pois hoxendía ninguén se senta para descansar ou ver pasar senté.  Non é un lugar de conversa,  senón de paso,  xá ninguén se detén, porque os mozos teñen moita presa, e os que non tiñan necesidade ou desexo de correr, agora están noutro sitio donde o tempo non se acaba nunca.

 

 

         No encanto,  o Puente,  que debe ter máis de cen anos,  segue eiquí,  facendo oposicións á eternidade.  ¡Que sexa por moitos anos!

 

 

 

A. P. M.