CARTA A PALMEIRA

 

 

        Queridos paisanos:

 

         Pasados uns días,  estaredes de cheo nas festas.  Desexo moi cordialmente, que, como tódolos anos, sexan moi lucidas, e que o pasedes o mellor posible.

 

         Hay unha cousa da que estou certo.  Todos habedes de poñer da vosa banda o mellor para que así sexa;  cando estalen os primeiros foguetes e se escoiten os sons das músicas rachando o silencio das mañáns,  teño o convencimento de que tamén nos vosos corazóns estalará a alegría,  e si abrides a xanela,  notaredes no aire algo especial,  e sintirédesvos mergullados na ledicia que nas Vilas e pobos pequenos traen as festas Grandes.

 

         Os que xá estades dunha maneira permanente no noso curruncho natal, disporedes duns días que racharán coa rotina de sempre, e os que dun xeito provisional vos encontrades no voso pobo, levaredes convosco unha doce lembranza.  Si pechades os ollos,  volveredes a ver as chuvias de esterlinas dos fogos de luces,  oiredes de novo a música dos pasarrúas, e, os que sodes xa un pouco mayores, lembraredes o recendo que noutros tempos salía das casas cando,  os que podían,  cocían o pan de ovos.

 

         Divertídevos moito e disculpade as faltas. A min metéume neste lío a  Presidenta da Comisión de Festas,  que por certo ten unha voz mainiña e leimeira e non puiden decir que nón.

 

Boas festas pois,  amigos

 

Palmeira,  Agosto 1997

 

 

A.P.M.