ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN AUTOMOBILÍSTICA DO BARBANZA

“FERNANDO ALONSO”

 

 

CAPITULO   I

DENOMINACIÓN, FINS E ÁMBITO.

 

Artigo1º.-  Denominación.

            A asociación constitúese ca denominación oficial “ PEÑA FERNANDO ALONSO DO BARBANZA”  ó amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de Marzo (que regula o dereito de Asociación), carecendo de ánimo de lucro.

 

Artigo 2º.-  Vixencia.      

            Esta Asociación  constitúese por tempo indefinido.

 

Artigo 3.-Domicilio.

            Domicilio social da Asociación  Bar Baluarte de Palmeira para a realización das actividades que lle son propias ó mundo da Formula 1.

           

Artigo 4.-Ámbito territorial.

            Alcanzará a tódolos Concellos da Bisbarra.

 

Artículo 5º.-  Fins.

            A Asociación ten os seguintes fins:

            1) Asistir ás carreiras de Formula 1 tanto en directo por medio de viaxes ó circuíto ou tamén por tv.

            2) Colaborar en actividades educativas con outras asociacións.

            3) Promover a participación neste deporte, previstos ó efecto na lexislación vixente..

            4) Estimular a participación dos asociados e simpatizantes na programación xeral .

            5) Fomentar as relacións de cooperación con outros sectores sociais e culturais do entorno.

            6) Promover actividades formativas e culturais referidas ó mundo do motor

            7) Promover reunións de colaboración e boas relacións entre colectivos.

           

 

Artigo 6.- Actividades.

            Para o cumprimento dos fins nomeados realizaranse todas aquelas actividades formativas, culturais que sexan necesarias, reunións con tódolos sectores tendentes a cumprir os fins sinalados e que sexan conformes ca lexislación vixente e acordadas polos órganos competentes da asociación.

 

 

CAPÍTULO   II

ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN.

 

Artigo 7.- Órganos de goberno e representación.

            A Asociación estará rexida pola Asemblea Xeral de Socios e pola xunta Directiva, as cales atenderán as funcións  que se especifican nos artigos seguintes.

 

Artiglo 8.- A Asemblea Xeral de Socios.

            A asemblea xeral é o órgano supremo e soberano da Asociación e estará integrada por todos os seus asociados- as.

            Actuarán como Presidente, Vicepresidente e Secretario da Asemblea xeral quenes  ostenten iguais cargos na xunta directiva.

 

Artigo 9.- Facultades da Asemblea Xeral.

            a) Nombramento dos membros da xunta directiva e os seus .

            b) Aprobación das contas, presupostos e do programa xeral de actuación da Asociación.

            c) Aprobación, no seu caso, da xestión da xunta directiva.

            d) Fixar as cotas ordinarias e extraordinarias a abonar polos socios-as.

            e) Solicitude de Declaración de Utilidade Pública da Asociación.

            f) Integración en Federacións.

            g) Modificación dos estatutos.

            J) Disolución da Asociación.

 

Artigo 10.- Reunións  da Asemblea xeral,e a súa  convocatoria.

            1.- as reunións  da Asemblea xeral serán ordinarias e extraordinarias.

            a) a ordinaria celebrarase, obrigatoriamente, unha vez ó ano, dentro dos catro meses seguintes ó peche do exercicio e nela propoñerase a aprobación das contas e presupostos  do programa xeral de actuación social. Tamén se procederá nela á elección de membros da xunta directiva cando corresponda por imperativo estatutario.

            b) As extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuízo  do Presidente, cando a xunta directiva o acorde, ou cando o pida ou solicite formalmente por escrito un tercio dos asociados.

            2.- As convocatorias para a celebración das reunións  da Asemblea xeral realizaranse  por escrito do Presidente, expresando o lugar, día e hora da reunión, así como a orde do día ca expresión concreta dos asuntos a tratar. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da asemblea, en primeira convocatoria, haberán de mediar polo menos sete días.

 

Artigo 11.- Quórum para a celebración de reunións e adopción de acodos pola Asemblea Xeral.

            1.- As reunións  da Asemblea xeral, tanto ordinarias coma extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos asociados con dereito a voto, e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de asociados presentes.

            2.- Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes, cando os votos afirmativos superen ós negativos, non sendo computables a efectos os votos en branco nin as abstencións. 

            3.- Será necesario o voto favorable dos dous tercios dos asociados presentes ou representados para adoptar as decisións a que se refiren as letras b), e), f), g), j) e k) do artigo 9 destes Estatutos.

 

Artigo 12.- A Xunta Directiva. Constitución e elección.

            A Xunta Directiva é o órgano de representación da Asociación, que xestionará e representará os intereses desta.

            Estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e tres Vocais.

            Tódolos cargos que compoñen a  Directiva serán gratuítos.

            A elección dos membros da Directiva pola Asemblea Xeral será polo procedemento  de listas abertas.

            Para ser membro da Directiva será requisito indispensable ser socio da Asociación, maior de idade, estar en pleno uso dos dereitos civís, e non estar incurso en motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.

            A Xunta Directiva elixirá de entre os seus membros os cargos correspondentes.

            O mandato da Xunta Directiva terá unha duración de dous anos, renovándose a partires do segundo, cada ano a metade dos membros.

            Os membros da Xunta Directiva que agotaran o prazo para o que foran elixidos continuarán ostentando os seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación dos que os vaian substituír.

            As vacantes que se puideran producir na Xunta Directiva por renuncia voluntaria dalgún dos seus membros, comunicada esta por escrito, ou por incumprimento das obrigas inherentes ó cargo, poderán cubrirse provisionalmente polos socios da Asociación que designe a Xunta Directiva ata que se celebre a primeira reunión da Asemblea Xeral.

            No caso de ausencia por enfermidade ou outras circunstancias dos membros que desempeñen os cargos de Secretario ou de Tesoureiro, a Xunta Directiva designará provisionalmente, de entre os seus membros, a quenes haxa que substituír, cas súas mesmas atribucións.

 

Artigo 13.- Reunións da Xunta Directiva, e a súa convocatoria.

            A Xunta Directiva reunirase tódolos meses do curso escolar e, ademais sempre que sexa convocada polo seu Presidente.

            Tamén deberá reunirse a petición dun tercio da totalidade dos seus compoñentes.

            Quedará validamente constituída cando asista a metade máis un dos seus membros, e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados pola maioría dos votos correspondentes ós presentes. En caso de empate, o voto do Presidente será en calidade para deixar sen efecto o empate.

 

Artigo 14.- Facultades da Xunta Directiva.

            As facultades da Xunta Directiva estenderanse, con carácter xeral, a tódolos actos propios das finalidades da Asociación, sempre que non requira, segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral.

            Son facultades particulares da Xunta Directiva:

            a) Dirixir as actividades da Asociación e levar a xestión económica e administrativa, acordando realizar os oportunos actos e contratos.

            b) Executar os acordos da Asemblea Xeral.

            c) Formular los balances, presupostos e contas, así como o programa anual de actividades.

            d) Elaborar e someter á aprobación da Asemblea Xeral, no seu caso, o Regulamento do Réxime Interior.

            e) Resolver sobre a admisión de socios, si fora necesario.

            f) Nomear delegados para algunha determinada actividade da Asociación.

            g) Velar polo cumprimento destes Estatutos.

            h) Coordinar e dirixi-la labor das Comisións de Traballo que se formen.

            i) Calquera outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asemblea e sexa conforme segundo a lexislación.

 

Artigo 14.- O Presidente.

            O Presidente terá as seguintes atribucións:

            a) Representar legalmente a Asociación ante toda clase de Organismos públicos ou entidades privadas.

            b) Convocar, presidir e levantar as sesións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, así como dirixir as deliberacións de unha e de outra.

            c) Ordenar pagos e firmar xunto con  Tesoureiro os libramentos, cheques, etc.

            d) Recibir en nome da Asociación calquera cantidade provinte de subvencións de Entidades Públicas e/ou privadas.

            e) Autorizar ca súa firma os documentos, actos e correspondencia da Asociación.

            f) Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle ou, no desenrolo das súas actividades, resulte necesaria ou convinte, sen prexuízo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva.

            g) Aquelas outras que a lexislación lle asigne ou que a Asemblea Xeral ou a Xunta Directiva lle delegue ou encomende.

 

Artigo 14.- O Vicepresidente.

            O Vicepresidente será o encargado de substituír ó Presidente na ausencia deste, motivada por enfermidade ou calquera outra causa, tendo as mesmas atribucións que este.

            Excepcionalmente, o Presidente poderá delegar no Vicepresidente as súas competencias para a atención ou xestión de determinados asuntos ou conxunto deles, previa conformidade da Asemblea Xeral ou da Xunta Directiva, segundo os casos.

 

Artigo 15.- O Secretario.

            O Secretario terá ó seu cargo a dirección dos traballos meramente administrativos da Asociación, levará e custodiará os Libros da Asociación legalmente establecidos e o Ficheiro de Asociados, expedirá certificacións e custodiará a documentación da Entidade, facendo que se cursen as comunicacións sobre a designación de Xuntas Directivas y demais acordos sociais inscritibles nos correspondentes rexistros, así como a presentación das contas anuais e do programa de actividades e o cumprimento das obrigacións documentais, nos termos que legalmente correspondan. Ademais, velará pola conservación dos locais sociais e gardará o selo da Asociación.

 

Artigo 16.- O Tesoureiro.

            O Tesoureiro estará encargado de recadar e conservar os fondos e bens da Asociación. Levará o Libro da Caixa, e firmará o libramento de fondos xunto co Presidente; elaborará o proxecto de presuposto que a Xunta Directiva debe presentar ante a Asemblea Xeral e preparará as contas que deban someterse a dita Asemblea.

 

Artigo 17.- Os Vocais da Xunta Directiva.

            Os Vocais terán as obrigas propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, e poderán recibir, por acordo desta, o encargo de presidir ou coordinar grupos de traballo así como execución de encargos, comisións, representacións e outras tarefas que pola Xunta Directiva lle foran encomendadas.

 

 

CAPÍTULO   IV

SOCIOS.

 

 

Artículo 19.- Derechos de los asociados.

            Serán dereitos dos asociados:

            a) Elixir e ser elixible para tódalas funcións representativas da Asociación.

            b) Ter voz e voto nas reunións dos órganos da Asociación dos que forme parte.

            c) Ser informado acerca da composición dos órganos de goberno e representación da Asociación, do seu estado de contas e do desenrolo da súa actividade.

            d) Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias que se incoen contra el, e a ser informado dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

            e) Impugnar os acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á Lei ou ós Estatutos.

            f) Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva na orde ó mellor cumprimento dos fins da Asociación.

            g) Tomar parte en tódalas actividades da Asociación, e utiliza-los servizos que poidan establecerse en beneficio dos socios.

            h) Dirixir peticións e propoñer iniciativas ós Órganos de Goberno da Asociación.

            i) Recabar e recibir da Xunta Directiva canta información precise sobre a xestión asociativa.

            j) Asistir a tódalas reunións e actos convocados pola Xunta Directiva.

            k) Colaborar activamente no cumprimento dos fins da Asociación e na execución  eficacia dos mesmos.

 

Artígo 20.- Deberes dos asociados.

            Serán deberes dos asociados:

            a) Compartir as finalidades da Asociación e colaborar para a consecución das mesmas.

            b) Contribuír economicamente ó sostemento da Asociación mediante o pago das cotas, derramas e outras aportacións que, con arreglo ós Estatutos, se estableza pola Asemblea Xeral.

            Observar e cumprir cos Estatutos da Asociación e cos acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da Asociación.

 

Artigo 21.- Causas da pérdida de condición de asociados.

            Causará baixa como socios da Asociación:

            a) Por renuncia voluntaria do interesado, comunicada por escrito á Xunta Directiva.

            b) Por impago das cotas legalmente establecidas, mediante un apercibimento previo da Xunta Directiva.

            d) Por incumprimento dos Estatutos ou dos acordos validamente adoptados polos órganos da Asociación.

            e) Pola utilización da Asociación con fins alleos ós específicos da mesma.

            f) Por conducta incorrecta, por desprestixiar á Asociación con feitos ou palabras que perturben gravemente os actos organizados pola mesma ou a normal convivencia entre os asociados.

            Para excluír a calquera socio polas causas contempladas nos apartado d), e) e f) anteriormente recollidos deberá abrirse un expediente previo pola Xunta Directiva no que se sinalarán detalladamente os feitos que orixinan a posible expulsión. Asúmesmo deberase oír ó propio expedientado que poderá presentar unha piega de descargo alegando o que considere conveniente na súa defensa e que se unirá ó expediente que estudiará a Xunta Directiva, que propoñerá a decisión que considere oportuna. Si optase pola expulsión presentarase na próxima Asemblea Xeral que, despois de oír á Xunta Directiva e ó Socio, si o solicitara, tomará unha decisión inapelable.

 

 

CAPÍTULO   V

PATRIMONIO, RÉXIME DE FINANCIACIÓN, CONTABILIDAD E DOCUMENTACIÓN.

 

Artigo 22.- Patrimonio.

            A Asociación carece de patrimonio fundacional.

            O patrimonio social que, no seu caso, se vaia constituíndo, estará composto por tódolos bens que se adquiran para a realización dos fins sociais.

            A administración do patrimonio corresponde á  Xunta Directiva.

 

Artigo 23.- Recursos económicos.

            1.- A Asociación carece de fins de lucro.

            2.- Os recursos económicos para o desenrolo dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:

            a) As cotas dos socios, periódicas ou extraordinarias, que serán determinadas pola Asemblea Xeral a proposta da Xunta Directiva.

            b) As subvenciones, legados, herdanzas ou doazóns que puidera recibir de forma legal e que sexan aceptados, tanto que proveñan de persoas físicas como xurídicas, públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras.

            c) As rendas do patrimonio.

            d) Calquera outro recurso de procedencia lícita.

            3.- A Xunta Directiva da Asociación poderá conceder ou solicitar subvenciones e préstamos con destino á realización dos seus fins estatutarios.

 

 

  Obrigas documentais e contables.

            A Asociación disporá dunha relación actualizada dos seus asociados.

            Asimesmo, levarase unha contabilidade onde quedará reflexado o patrimonio, os resultados, a situación financeira da entidade e as actividades realizadas.

            Tamén disporá dun Inventario actualizado dos seus bens.

            Nun Libro de Actas figuraranse as correspondentes ás reunións que celebren os seus órganos de goberno e representación.

 

 

CAPÍTULO   V

DISOLUCIÓN.

 

Artigo 26.- Disolución.

            A Asociación, que se constitúe cun prazo de duración  indefinido disolverase:

            Voluntariamente cando así o acorde a Asemblea Xeral, convocada ó efecto con carácter extraordinario, e por acordo dunha maioría de dous tercios dos seus asociados.

            Por imposibilidade de cumprir os seus fins, apreciada polo acordo da Asemblea Xeral.

            Por sentencia xudicial.

            No caso de disolución, nomearase pola Asemblea Xeral unha Comisión Liquidadora integrada por tres membros, a cal, unha vez extinguidas as débedas, si as houbera,  encargarase da liquidación do patrimonio social, destinando o seu importe a aquelas entidades sen fin de lucro adicadas á realización de fins educativos cun espírito similar ó que anima esta Asociación e que se sinalarán pola Asemblea Xeral na reunión na que se acorde a liquidación.

 

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL.

 

            Todo cando non este previsto nos presentes Estatutos aplicarase a vixente Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación,

DILIXENCIA DE APROBACIÓN.

 

            Os presentes Estatutos foron aprobados pola Asemblea Xeral da Asociación na reunión extraordinaria celebrada ó efecto a data  de 11 de febreiro de 2004.

 

 

O  Presidente/a

 

 

 

O secretario/a

 

 

 

 

 

 

                                                            xxxxxxxxxxxxxxxxx

 

D./Dña........................................................

 

Con DNI ............... como  secretario/a da Asociación á que se refiren estes Estatutos

 

 

CERTIFICA que os presentes estatutos  foron modificados para adaptalos ás previsións da lei orgánica 1/2002 de 22 de marzo por acordo da Asemblea Xeral de Asociados de data.............................

 

 

 

En ......................a .......de...............de 2004

 

 

                                                                                               

 

 

Asdo.:                                                                          VºBº el Presidente