Menú Principal:

Creacións e Produccións EraDixital, S.L.


Ir al Contenido

Recomendamos

Dende Creacións e Produccións EraDixital, S.L. queremos apoiar a cultura barbanzana e por iso queremos recomendar:

  • Música:

Tevra é unha banda de rock que nace no ano 2001, en Palmeira, como proxecto ideado por seis xóvenes músicos. Crecen como banda gañando prestixio e destacando na súa modalidade entre os grupos da zona.

Nos seus inicios
Tevra declárase como un grupo de heavy metal, estilo que se encamiña hacia un potente rock co paso dos anos. Desde o seu comezo Tevra foi un grupo que combinou diferentes estilos e influencias, conseguindo un carácter único, persoal e orixinal.

"InVerso"
é o primeiro disco do grupo. Foi gravado nos estudios "Pousada Son" e saíu ao mercado a finais do ano 2008 coa colaboración de EraDixital e baixo o selo de Sonaxe.

Pincha na imaxe para visitar a súa páxina web oficial.



Belfastt
é unha banda de metal nacida en Palmeira (Ribeira). Formada alá polo 2003. Os seus compoñentes son: Emilio (Voz), Dani Silva (Guitarra), Juanjo Romero (Guitarra), Dani García (Baixo) e Kutxa (Batería).

Acaban de sacar un disco autoeditado:
"Incombustible", e teñen como proxecto a creación do seu primeiro videoclip oficial.

Pincha na imaxe para visitar a súa páxina web oficial.




AreavastA
é un grupo de rock de Ribeira composto actualmente por: Anxo (batería), Javi (baixo), David (guitarra rítmica), Rubén (guitarra solista) e Cristina (voz).

O 5 de marzo del 2011 sae á venda o seu primeiro disco
"Memorias de Garaje", composto por doce cancións que inclúen as colaboracións de Emilio Santalla (Belfastt) e Loren Alonso (Tevra).

Pincha na imaxe para visitar a súa páxina web oficial.

  • Libros e autores:



A novela curta
"Coiteladas na alma" de Xosé Plácido Betanzos



A novela curta
"Paravea no inferno" de Xosé Plácido Betanzos.



O libro de documentación histórica
"Nacer, crecer, vivir e morrer en Palmeira (1500-2000). As xenealoxías dun pobo." de Xosé Álvarez Castrelo.


Regresar al contenido | Regresar al menú principal