Menú Principal:

Creacións e Produccións EraDixital, S.L.


Ir al Contenido

"Coiteladas na alma"

Libros e música

"Coiteladas na alma" é unha novela curta sobre emigración escrita por Xosé Plácido Betanzos García.

Conta co limiar
"Loita e esperanza" escrito por Francisco A. Vidal.

Xosé Plácido Betanzos García nado en Palmeira no ano 1952 dedicou a meirande parte da súa vida profesional ó ensino e á actividade política e social. Actualmente é profesor de tecnoloxía no IES Leliadoura de Frións, Ribeira. Foi voceiro do grupo Municipal Nacionalista do BNG entre os anos 1992-2002. Candidato á Alcaldía de Ribeira nos anos 1995 e 1999. Foi gañador do 1º premio do 3º certame Valle-Inclán (Pobra do cAramiñal) co relato Santiago García "O Laverco" no ano 2002. Gañou o 1º premio de "Relatos na Emigración" en Bos Aires, Arxentina co relato "Fendas" no ano 2004. Ente outras colaboracións destacan a realización do guión para o documental sobre a historia de Riveira "Recordos da Ardentía", e ocasionalmente colaboracións co xornal "La Voz de Galicia".

Esta novela é unha porta máis á reflexión de quen somos e cara onde imos. - Francisco A. Vidal

Pincha no seguinte enlace para ler o artigo de La Voz de Galicia sobre a presentación de "Coiteladas na Alma" no Auditorio de Riveira o 26/06/09.

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/06/28/0003_7813892.htm


Regresar al contenido | Regresar al menú principal