Asociación Cultural A Gandaina


Ir al Contenido

A Asociación Cultural e o Grupo de Danzas e Gaitas
A GANDAINA” de Palmeira, xurde como tal no ano 1986.

Hoxe a Asociación Cultural "A Gandaina" está formada por uns 60 alumnos dirixidos actualmente na sección de baile e danza por Eva López Ríos, licenciada en INEF, especializada en baile; na sección de gaitas e percusión por Paulo Chouza Noal, compoñente do grupo Arume de Boiro, e na sección de pandereteiras e canto tradicional por Adriana Villaverde Crespo.


A día de hoxe, dentro da asociación temos xa tres grupos distintos como son:

  • O orixinal Grupo de Danzas e Gaitas "A Gandaina"
  • Grupo Tradicional "O Pichote"
  • Grupo de Pandereteiras e Cantareiras "Tanxedoira"


O grupo interpreta Muiñeiras, Xotas e Danzas típicas galegas, lucíndose nas mesmas diversos traxes (confeccionados á man) que reflexan a gran variedade e contrastes das diferentes zonas do país galego; todo acompañado pola música que aporta o grupo de gaitas e panderetas dirixido por Paulo Chouza. O grupo interpreta tamén diversas alboradas en distintas localidades da comarca.


A palabra GANDAINA, quer decir “ ruido que fai a xente cando se divirte nunha festa ou romería” esto é “ Festa ó grande”, e esto é o que o grupo pretende lograr alí por onde vai.

A Asociación | Actividades | Actuacións | Fotos | Vídeos | Contacto | Mapa del Sitio


Regresar al contenido | Regresar al menú principal